Restaurante en Pontevedra “O Chincho”

A mellor comida caseira e os mellores productos da horta

retaurante

Restaurante en Pontevedra “O Chincho”

Buscas un restaurante en Pontevedra? Achégate a “O Chincho”. Gozarás da mellor cociña galega actualizada e das mellores materias primas da nosa terra. Un recuncho en Pontevedra no que aparcar as présas fóra, e gozar da boa cociña.

Cociña tradicional galega

Productos ecolóxicos

Calidade e bo precio

Restaurante en Pontevedra O Chincho. Que nos diferencia?

Somos a terceira xeración de hostaleiros con amor pola cociña tradicional. No noso caso, buscamos combinar a cociña tradicional galega, mais ben os seus produtos estrela, con novas preparación e acompañamentos.

Atopamos nas nosas materias primas o mellor para gozar cos nosos cliente. É por iso que, en canto podemos, escapamos á horta para poder ofrecer produtos de primeira calidade e quilómetro cero.

Esta é tamén a nosa filosofía á hora de elixir distribuidores, dando prioridade sempre ao local e aos produtos con ixp ou denominación de orixe galegas, coma os nosos queixos.

Este non é un restaurante en Pontevedra ao uso. Somos unha cooperativa afincada no val do Tomeza, con amor pola terra e o coidado do medio ambiente.

retaurante

Coñece o noso restaurante de cociña galega

Cociña tradicional galega con ingredientes de proximidade e da nosa horta

Alcrique Sociedade Cooperativa, nace no 2018 como dous rapaces que queren afincarse no rural e producir na eira. Nace un pouco como afección que levamos ata a comercialización dos nosos produtos de horta.

Tras un período na transformación e venta de vexetais, collemos o testigo do restaurante “Chincho 2”, un restaurante de cociña galega, e incorporamos a este proxecto o noso coñecemento nos sabores da horta e a aprendizaxe dos distintos produtos de denominación de orixe, de calidade e de produción galega que puidemos ir coñecendo nas feiras gastronómicas polo país adiante.

E así hoxe, que na nosa carta, podes atopar carne de vaca cachena ou de porco celta, queixos do Cebreiro, Arzúa Ulloa ou San Simón da costa, chourizos de porco celta, salsas picantes con selo galego… Todo isto maridado co noso ben facer, viños denominación de orixe galegas e os produtos que imos producindo nos nosos invernadoiros.

restaurante ecológico pontevedra
restaurante ecológico pontevedra

RESERVA

¿Queres reservar unha mesa? Contacta connosco a través do noso teléfono e faremos a reserva de forma inmediata.

¿Queres que te acheguemos a túa comida ata casa? Fai o teu pedido a través de Glovo ou just eat, e disfruta da mellor cociña galega sen mover un dedo.

restaurante domicilio pontevedra
Scroll al inicio